A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, anunciou esta mañá que as obras de construción do novo Punto de Atención á Infancia (PAI) de Rois están a piques de rematar e que este centro, que contará con 20 prazas, abrirá as súas portas o vindeiro curso 2025-2026. Este novo recurso é posible grazas a unha axuda de 123.000 euros concedida pola Xunta para rehabilitar a antiga Escola Unitaria de Urdilde. 

O alcalde, Ramón Tojo, e Fabiola García visitaron esta mañá en Urdilde o Punto de Atención á Infancia, que contará con 20 prazas gratuítas para nenos e nenas de 0 a 3 anos e que abrirá as súas portas o vindeiro curso. 

A conselleira salientou a recuperación desta instalación para a posta en marcha dun novo servizo de calidade, que axudará a compaxinar a vida laboral e familiar aos veciños deste municipio e que incrementará nun 50% a oferta da etapa educativa infantil. 

Acompañaron ao alcalde e a conselleira o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Basante, e os concelleiros José Luis Ares e Antonio Esparís.

Visita á Galiña AzulTras visitar o PAI de Urdilde, as autoridades trasladáronse ata a escola infantil A Galiña Azul de Rois, na que a conselleira anunciou que dende este sábado, 15 de marzo, ábrese o prazo de matrícula para o curso 2025-2026 en todas as escolas infantís públicas autonómicas. O prazo remata o vindeiro 4 de abril.

Fabiola García na escola infantil A Galiña Azul