A Fundación Paideia xunto a EOI (Escuela de Organización Industrial), a Asociación Deloa e o Concello de Rois organizan un curso de Markéting dixital e cooperativismo dirixido a xente moza de 16 a 29 anos que se atope en situación de desemprego.

Ao obxecto de da a coñecer os detalles desta formación gratuíta celebrarase unha sesión informativa que terá lugar o martes 31 de xaneiro, no Edificio Multiusos de Rois, ás 18.30 horas. Poderán asistir todas as persoas mozas que cumpran cos requisitos e que estean interesadas nesta formación.

O curso de Markéting dixital e cooperativismo, de carácter presencial, desenvolverase do 28 de febreiro ao 9 de xuño.

O alumnado poderá aprender dos mellores profesionais e descubrir casos de éxito en sectores como o cultural, o musical, o téxtil ou o hostaleiro, entre outros. Ademais, as persoas participantes tamén terán a oportunidade de gozar dunha semana de formación coñecendo empresas do sector noutra cidade española. Para máis información sobre a sesión informativa ou sobre o curso, as persoas interesadas poderán chamar ao número de teléfono 981 816 061.