A Viaxe para Maiores 2020 organizada polo Concello de Rois terá como destino Isla Antilla, en Huelva, e celebrarase entre o 16 e o 30 de abril. Son sete días e seis noites polos que haberá que aboar un total de 325 euros por persoa.

Son requisitos para participar nesta actividade ser pensionista de xubilación, invalidez ou viudedade con 55 anos cumpridos ou ter os 65 anos cumpridos, ademais de estar empadroado ou empadroada no Concello de Rois.

As prazas son limitadas, habendo en total 110. As persoas que desexen anotarse deberán ingresar o importe da viaxe na conta que ten o Concello de Rois en ABANCA (ES64/2080/0328/9631/1000/0060).

O prazo de inscrición vai do luns 2 de marzo ao martes 17 de marzo, no departamento municipal de Servizos Sociais, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. Tamén se poderán anotar na Oficina Municipal de Urdilde os martes e xoves de 9.00 a 11.00 da mañá. A inscrición farase en persoa —non se anotará a ninguén por teléfono— e no momento de anotarse deberán presentar o DNI, a tarxeta sanitaria e o xustificante de pagamento.