A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia visitará Rois o venres 20 de decembro. Entre as 16.00 e as 21.00 horas, a unidade móbil estará situada diante do Concello, onde poderán achegarse todas aquelas persoas que desexen colaborar e doar sangue. Os interesados en facelo deberán levar consigo o seu DNI, esperar dúas horas despois do xantar para realizar a doazón e informar ao médico de se se está a tomar algún medicamento.
Para máis información, preme no documento adxunto no que se explican de forma gráfica aspectos como que se fai co sangue doado, como é o proceso da doazón ou quen pode doar sangue.