O Concello de Rois ven de difundir un bando informando á veciñanza que poida considerarse afectada que ten ata o 29 de setembro para presentar alegacións ao parque eólico Huracán, que inclúe aeroxeneradores no Martelo e Urdilde.
O anuncio do Concello informa que tanto o Boletín Oficial do Estado como o Boletín Oficial da Provincia da Coruñaacaban de publicar sendos anuncios polos que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa do parque eólico Huracán, de 56 MW que promove a empresa Greenalia Wind Power Huracán SL.
Este parque eólico inclúe a instalación de tres aeroxeneradores no municipio de Rois, concretamente nos lugares do Martelo e Urdilde. Para facilitarlle a veciñanza interesada que poida presentar alegacións, o Concello fai público o plano de situación dos aeroxeneradores que se situarán en Rois.
No caso de querer tramitar algunha reclamación, as persoas interesadas teñen de prazo ata o 29 de setembro e deben facelo na Delegación do Goberno en Galicia, que está situada na Corua
En caso de ter dúbidas ou precisar algunha aclaración, a veciñanza de Rois pode dirixirse as oficinas do Concello de Rois ou chamar ao teléfono 981 804 109.
A área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia remitiu ao Concello de Rois, con data 6 de septiembre de 2021, o anuncio comunicando a exposición pública do parque eólico Huracán,
Segundo recolle o BOP do 25 de agosto, o proxecto de instalación e estudo de impacto ambiental pódense consultar tamén no seguinte enlace: