20191215 ALI1314

A Escola Municipal de Música (ESMU) de Rois celebrou onte o seu tradicional concerto de Nadal, no que alumnado e profesorado interpretou música de diferentes estilos e rematou con dúas panxoliñas ante un público entregado e que gozou coa boa música.

Dende dúas cancións infantís para o alumnado de música e movemento, pasando por a banda sonorra de ‘O bó, o feo e o malo’ e pezas de Mike Oldfield, Paul MacCartney, MClan ou percusión con ritmos cubanos, o concerto rematou con dúas panxoliñas interpretadas polo coro da ESMU ‘You’ve got a friend in me’ e unha versión adaptada ao galego de ‘Obladi- Oblada’ coa que desexaron unhas felices festas ao público presente, que case encheu o auditorio municipal.

Album de fotos no Facebook do Concello de Rois (neste enlace).