Alumnado e profesorado a Escola Municipal de Música de Rois ofrecen esta tarde no auditorio municipal un concerto no que interpretarán a mesmo repertorio que a vindeira semana van tocar na localidade húngara de Pasztó, no segundo intercambio internacional que promove o Concello de Rois e no que irán acompañados por membros do OCT Chorima. Esta viaxe a Hungría, despois do realizado a Venecia durante o ano pasado, e froito o irmandamento que o Concello de Rois firmou en novembro de 2017 con seis países europeos.

Como preparación á viaxe que comezará o vindeiro Xoves Santo, día 18 a Hungría, os integrantes da Escola Municipal de Música e de Chorima ofrecerán a partir das 20.00 horas de hoxe no auditorio municipal, un concerto preparatorio, para que a veciñanza poida coñecer o repertorio que tocarán durante a súa estadía na localidade húngara de Pasztó.

A vindeira semana, unha comitiva de 25 persoas, entre profesorado e alumnado tanto da  ESMU como representantes de Chorima viaxarán a Pasztó, donde permanecerán ata o martes día 23.

Durante o irmandamento asinado en novembro de 2017, Rois firmou protocolos de irmandamento con concellos de outros tres países europeos: Pasztó (Hungría), Kalonda (Eslovaquia) e da unión de municipios dos distritos de Naxos e Taormina (Italia).

Froito desta iniciativa, o ano pasado produciuse o primeiro intercambio cultura e musical, no que membros da Escola Municipal de Música e de Chorima estiveron en Venecia unha semana e, en setembro, foros alumnado e profesorado da Escola Comprensiva Franca Ongaro e o Liceo Musical de Venecia os que visitaron Rois.

Uns irmandamentos que, para o alcalde de Rois, Ramón Tojo, “suponen unha oportunidade excepcional para a nosa xuventue de poder formarse e coñecer outra realidades e outras culturas”.