A Escola Municipal de Música (ESMU) de Rois quérese sumar tamén a celebración das festas patronais do Santo Isidro coa súa primeira actuación de fin de curso. No concerto do Santo Isidro, 19 alumnas e alumnos dos máis de oitenta que acoden a escola de música, interpretan diferentes temas para amosar a súa evolución durante os últimos meses.
O Concerto do Santo Isidro da ESMU de Rois comeza coa actuación do saxofonista Damián Losada Vázquez, que interpreta ‘Badinerie-2’, unha suite de Juan Sebastian Basch; e remata co ‘Dúo para dous violíns’ do mesmo autor interpertado por Xosé Manuel Tubío Pazos e Vicente Varela Rey.
Durante os case 22 minutos que dura este concerto interveñen, por orde de aparición:
- Damián Losada Vázquez
- Nicolás Vázquez
- Manuel Rey
- Valeria Castro
- Francisco Soñora Núñez
- Aitana Rodríguez Cobas
- Leire Iglesias Suárez
- Sabela Becerra Vaamonde
- Aroa Boga
- Claudia Castro Pérez
- Carla García
- Alejandro Calvo Pérez
- Carmen Rodríguez
- Amelia Miguens Castro
- Carmen Dios Bronchales
- Diego Rivera Diéguez
- Emma Bralo Pérez
- Xosé Manuel Tubío e Vicente Varela