A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, vén de publicar as bases reguladoras das axudas PEL 2022:
- PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
- PEL-AUTÓNOM@S: Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas.
- PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pemes, persoas autónomas e microempresas.
- PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas para subvencionar o mantemento das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro de PEL-PEMES CRECIÓN E AMPLIACIÓN 2021.
As bases das axudas PEL 2022 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 59 do 28 de marzo de 2022 ou premendo nesta ligazón.
O prazo previsto para a presentación de solicitudes será desde o 11 de abril ata o 11 de maio ás 14.00 horas.
As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL:
https://sede.dacoruna.gal/subtel/
Na web do Plan de Emprego local pódese consultar a información actualizada das axudas PEL 2022, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases.