A leiteira de Rois, un dos primeiros premios do entroido en liña de Rois 2022

O concurso de entroido en liña de Rois, que medrou en participación con respecto ao pasado ano con preto de corenta vídeos presentados, xa ten gañadores. O xurado reunido o pasado luns no Multiúsos destacou principalmente a orixinalidade dos disfraces, a súa elaboración, a creatividade e a posta e escena á hora de outorgar uns galardóns que estiveron moi desputados nalgunhas das categorías.

Por segundo ano consecutivo, Rois celebrou o entroido cun concurso de disfraces en liña no que se repartían un total de 1.250 euros en premios entre os tres gañadores da modalidade de grupos e os dous de cada unha das oito categorías establecidas por idades dentro das modalidades de individual e parella. A relación de galardóns é a seguinte:

Individual 1. Nadas/os entre os anos 2022-2019.

  1. Mariana Ruiz, co disfraz ‘A leiteira de Rois’. 40 euros
  2. Vacante

Individual 2. Nadas/os entre os anos 2018-2016.

  1. Lía Garaté, co disfraz ‘A ría da estrela’. 40 euros.
  2. Martiño Pardal, co disfraz ‘A vella, Martiño e o monte Outeiriño’. 30 euros.

Individual 3. Nadas/os entre os anos 2015-2010.

  1. Nora Garaté, co disfraz ‘O carrusel máxico’. 40 euros.
  2. Sandra Hermo, co disfraz ‘Sandra, raíña das profundidades do mar’. 30 euros.

Individual 4. Nadas/os entre os anos 2009-2007.

  1. Iria Serralvo, co disfraz ‘Beyoncé’. 40 euros.
  2. Román Vidal, co disfraz ‘Paxaro exótico’. 30 euros.

Individual 5. Nadas/os antes do 2006 (incluído).

  1. Dolores Figueira, co disfraz ‘A arca de Noe’. 40 euros.
  2. Sonia Ares, co disfraz ‘Pitaya’. 30 euros.

Parella sub21 (as idades de ámbolos membros suman ata 20 anos)

  1. Breixo Tubío e Noa Bustelo, co disfraz ‘O mundo máxico de Pinocho’. 60 euros.
  2. Izan e Enzo Nieto, co disfraz ‘Cultura inuit’. 40 euros.

Parella sub31 (as idades de ámbolos membros suman ata 30 anos)

  1. Xián e Adela Rial, co disfraz ‘Tanxuntas’. 60 euros.

Parella +31 (as idades de ámbolos membros suman 31 anos ou máis).

  1. Eva Cobas e Blanca Pérez, co disfraz ‘As Marías de Rois’. 60 euros.
  2. José Rial e Camila Rial, co disfraz ‘Bailarinas exóticas’. 40 euros.

Grupo.

  1. Ramón Plata, representando ao grupo co disfraz ‘Magia zíngara’. 300 euros.
  2. Margarita Bustelo, representanto ao grupo co disfraz ‘O papabolas’. 200 euros.
  3. Ángeles Mariño, representando ao grupo co disfraz ‘Os Mariñaos, feira de abril Rois’. 100 euros.

As persoas gañadoras poden xa recoller no Multiúsos de Rois os vales de desconto polo importe do premio que lles corresponde para gastar en calquera establecemento do comercio local. O horario de atención ao público é o seguinte:

Luns: de 10.00 a 13.00 horas e de 17.15 a 20 horas.

Mércores e venres: de 10.00 a 13.00 horas.

De martes a venres: de 16.00 a 20.00 horas.

O Concello de Rois quere agradecer o traballo realizado, con grandes doses de humor, por todas as persoas participantes.