O alcalde Ramón Tojo, reuniuse co conselleiro do Medio Rural, José González, para avanzar na mellora das infraestruturas rurais de Rois. En concreto, falouse da posibilidade de impulsar a rehabilitación do vial que une os lugares de Herbogo e Rubieiro.

Na reunión, que serviu para avaliar as necesidades do agro no concello de Rois,  tamén estivo presente o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, así como técnicos da Consellería.