• Os veciños interesados en vacinarse deben solicitar cita no seu centro de saúde

  • Sanidade incide na relevancia de diminuir a incidencia da enfermidade e as súas complicacións por causa da Covid-19

xuntagripe2020cartela1 1O Concello de Rois anima aos seus veciños a vacinarse da gripe, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.  A campaña de vacinación deste ano 2020 comezará o martes 13 de outubro, xusto o día despois da festividade do Pilar, e se prolongará ata o 31 de decembro, coincidindo co final de ano. Todas aquelas persoas que estean interesadas en vacinarse poden solicitar xa cita no seu centro de saúde. Unha dose abonda, agás no caso dos menores de nove anos que se vacinen por primera vez contra a gripe.

A Consellería de Sanidade lembra que a campaña de vacinación da gripe cobra especial relevancia este ano no contexto da pandemia pola Covid-19 que estamos a padecer. As vacinas serven para reducir a incidencia da gripe e diminuír as súas complicacións secundarias, obxectivos cruciais nestes momentos de cara a evitar un posible colapso sanitario. Neste sentido, hai que subliñar que haberá catro tipo distintos de vacinas segundo os doentes coa fin de aumentar a súa eficacia. 

Entre as persoas ás que se convida especialmente a vacinarse atópanse os maiores de 60 anos, usuarios de residencias e centros de día e os seus coidadores, embarazadas ou traballadores de servizos esenciais e aqueles expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas. 

Lembramos que a Consellería de Sanidade conta cun portal de información para a sociedade: :https//gripe.sergas.gal/